send link to app

ViveoMorrazo


4.4 ( 2864 ratings )
Viajes Referencia
Desarrollador Antonio Paz Moreno
Libre

App turística que reúne toda a natureza, patrimonio e ocio do Morrazo.

Os recursos recopilados amósanse ubicados nun mapa interactivo navegable por capas, onde podes buscar o que precisas. Os servizos locais (edificios administrativos, centros de saúde, transporte, aparcadoiros, etc.) tamén están localizados para a súa consulta. Cada recurso amplíase cunha ficha descritiva fotografías e locaclización con respecto ao usuario.

A oferta gastronómica e de aloxamento tamén están representadas para o teu disfrute. A información complétase cun calendario de eventos que recolle o que vai acontecendo en cada en canto a cultura, deporte, ocio...
Se disfrutas paseando ao aire libre non perdas os nosos roteiros por toda a comarca, con diferentes dificultades e sinalando os puntos de interese do percorrido.

Para ir de shopping nada mellor que a oferta comercial e de promocións do Morrazo, elaborada coas empresas asociadas a FECIMO (Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo). Consulta o listado de empresas, a publicación de ofertas e as actividades de dinamización comercial que está levando a cabo a federación na contorna.

Descarga a nosa aplicación e VIVE O MORRAZO!